Os primeiros minutos do partido foron bastante aburridos, sen un dominador claro e con bastantes perdas de balón por parte de ambos conxuntos. Co paso dos minutos os locais colleron as rendas do encontro e foron superiores no tramo final da primeira metade. A primiera ocasión clara foi un cabezado de Iván que se marchou lamendo o traveseiro da meta visitante. A continuación foi Regueiro que nun tiro potente desde fóra da área case logra sorprender ao porteiro que xa estaba mirando cara ó balón. E a máis clara do mesmo protagonista, que se libra do porteiro e bastante escorado logra conectar un tiro que acaba sacando un defensa visitante na mesma liña. O Espadana non creou ocasións claras agás a balón parado, onde foron superiores durante todo o encontro.
Conscientes de que o empate non valía para ningún dos dous, os equipos arriscaron máis e saíron con máis empeño cara á meta rival. Aínda que sería o Cualedro o que se adiantaría grazas a un gol de Regueiro , o 14º da tempada, que lle daba ventaxa no marcador aos de Pío. Ademais o Espadana quedaba cun home menos por expulsión, tras un gol anulado no que os xogadores visitantes protestaron airadamente e de maneira reiterada. O Cualedro seguía perdoando e metendo no partido ao Espadana ata que Iván cunha fermosa vaselina bate ó meta de Xunqueira e puña o 2-0. A partir de aí os visitantes perderon os nervos e cada acción convertiase nunha continua protesta cara ós colexiados. Nunha desas accións e cando o linier pitara fóra de xogo o árbitro contradíxoo e deu o gol para o Espadana. Co 2-1 o Espadana nunca se rendiu aínda que xa non tivo ningunha ocasión máis e o partido finalizou logo de 20 minutos de desconto., si 20. INCRIBLE. Merecida victoria do Cualedro que seguramente non lle sirva de moito logo de ver os resultados que se produciron noutros encontros. Aínda así, estamos pendentes de que poida ocorrer algo de aquí ao comezo da próxima liga e poder sair na segunda, categoría que nunca se debeu perder no campo.
- TROCOS
Fran Cabido (Roberto) min 70; Óscar (Carlos) min 75; Regueiro (Dani Blanco) min 85.
- OS GOLES
1-0 Dani Regueiro (min 60); 2-0 Iván (min 75); 2-1 min 90.
- INCIDENCIAS



















































